Este Traballo de Investigación Tutelado (TIT) pretende ser unha aplicación das técnicas e das estratexias do marketing ao ámbito da comunicación. Desde hai aproximadamente medio século o marketing foi abandonando paseniño a súa vinculación case exclusiva co mundo económico e empresarial e comezou a ser utilizado por milleiros de organizacións en todo o mundo, independentemente de cal fose o seu cometido e filosofía de actuación. Académicos e empresarios mudaron a concepción que del tiñan e fórono entendendo como un elemento que podería resultar valioso para entidade e non só como aquel método pouco coñecido que contribuía a aumentar os beneficios.
O resultado supuxo que o marketing pasase a integrarse dentro dunha concepción global da organización e deixase de ser un departamento illado que facía o que podía por aumentar as vendas. Agora todo é marketing. Sen marketing din que non hai forma de chegar aos consumidores, que os competidores o utilizan e que é un elemento clave para aquelas organizacións que queiran seguir tendo éxito no presente e no futuro. As ONG’s, as relixións, o deporte, os bancos, os gobernos, as fábricas de zapatos, as tendas que os venden, as empresas que os distribúen e as que fan os seus anuncios, os grupos ecoloxistas, os partidos políticos, os sindicatos, as institucións internacionais… botan man do marketing como instrumento indispensable para facer chegar os produtos que elaboran aos públicos que lles interesa que os reciban – porque estiman que teñen valor para eles.
Ante este panorama resulta estraño que ninguén fale – ou mellor, que se fale pouco – da existencia dun marketing, coas súas propias estratexias, que poida ser aplicado desde quen elabora os produtos informativos, nomeadamente os medios de comunicación ou as axencias e os gabinetes de prensa. Non é posible empregar as técnicas do marketing tamén nas empresas de comunicación? E nos gabinetes? Que diferenza existe entre vender as ideas dunha organización ecoloxista e a liña ideolóxica dun xornal ou dunha emisora de radio?
Marketing E Comunicación
Link Quebrado?
Caso o link não esteja funcionando comente abaixo e tentaremos localizar um novo link para este livro.